A Deputación inicia esta semana catro novos obradoiros de +Xuntas noutros tantos concellos da provincia

+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán neste 2024 a entidades de 53 concellos

13/10/2024

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de catro colectivos doutros tantos concellos da provincia: Cangas, Caldas de Reis, Soutomaior e Vigo. A través desta iniciativa, a Deputación busca promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

Desta maneira, este luns 14 de outubro usuarias da Asociación de Veciños Espiñeira - San Cibrán, de Cangas, comezarán o obradoiro de personalización de álbums. E o martes 15 de outubro iniciarán as accións formativas tres asociacións: A Asociación de Mulleres Rurais Santa Lucía de Arco, de Caldas de Reis, comezará o curso de pintura; a Asociación Veciñal e Cultural de Moreira, de Soutomaior, o de conservación de alimentos, conservas e encurtidos, mesmo curso que realizarán as integrantes da Asociación Doa Saúde Mental de Vigo.

No marco do programa +Xuntas este ano terán lugar 207 obradoiros dirixidos a entidades de 53 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres, apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, xa que cada un dos cursos está dirixido a un máximo dunhas 20-25 persoas. Ás entidades ofrecéronselle 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

Os obradoiros de +Xuntas adxudicáronse a colectivos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.