IGUALDADE

PROGRAMA “+XUNTAS”

2025

O programa “+Xuntas” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade e as súas condicións de vida, promover o apoderamento e a súa autonomía individual, e crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a xeración de vínculos entre as participantes, así como para fomentar as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias ao compartir vivencias e romper co illamento.


Este programa está destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra, ou cunha delegación nela, que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres e que apoien o seu desenvolvemento e apoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

As accións formativas estarán abertas a toda a poboación da provincia de Pontevedra, aínda que as mulleres terán preferencia. En caso de quedar prazas vacantes, poderán participar homes, ata un máximo do 25 % do total das prazas adxudicadas. As persoas participantes deberán ser maiores de idade ou, de maneira excepcional, maiores de 16 anos.

O prazo de presentación de solicitudes será do 13 de decembro de 2024 ao 13 de xaneiro de 2025.

Documentos

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 15 resultados.