A Deputación mobiliza esta semana 34 colectivos sociais de 20 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

+Xuntas é un programa provincial destinado a eliminar a discriminación entre mulleres e homes a través de actividades formativas nas que participarán entidades de 53 concellos

30/09/2024

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de 34 colectivos de 20 concellos da provincia: Barro, Caldas de Reis, Cambados, A Guarda, Lalín, Mondariz, Mos, As Neves, Oia, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Mulleres de entidades sociais destas localidades iniciarán as actividades formativas incluídas neste programa da Deputación que busca avanzar na eliminación das desigualdades entre mulleres e homes, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

Este luns 30 de setembro comezan tres cursos: artesanía en coiro para a Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses (Caldas de Reis), alfabetización dixital avanzada para a Asociación de Mulleres Rurais de Chan dos Casteliños (As Neves) e arte floral para a Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo (Vilanova de Arousa).

O martes 1 de outubro darán inicio dez obradoiros: alfabetización dixital avanzada para a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Pontevedra) e para a Asociación Veciñal de Coruxo (Vigo), ioga para a Asociación Cultural Colectivo Espazo 16 (Barro), conservación de alimentos, conservas e escabeche para a Asociación Cultural de Persoas Maiores do Rosal, iniciación á costura de retallos coa Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda, ximnasia hipopresiva para as usuarias da Asociación Veciñal Cultural Recreativa e Deportiva San Salvador de Sobrada (Tomiño), pintura para as mulleres do Centro Recreativo e Cultural de Cabral (Vigo), plantas medicinais para a Asociación Veciñal Cultural e Deportiva San Xurxo de Saiáns (Vigo), arte floral para a Asociación de Mulleres de Cabral Rosalía de Castro (Vigo) e, finalmente, taichi para a Asociación de Veciños Agustín Romero (Vilagarcía de Arousa).

O mércores 2 de outubro poranse en marcha outras oito accións, entre elas catro obradoiros de arte floral para a Asociación de Mulleres en Igualdade de Prado (Lalín), a Asociación Veciñal Xabriña (Mondariz), a Asociación Veciñal San Miguel de Viladesuso (Oia) e a Asociación Cultural Tralovalo (Soutomaior). Ademais, un obradoiro de horta ecolóxica para a Asociación de Mulleres Rurais de Castrelo-As Saíñas (Cambados), pilares coa Asociación de Mulleres Viúvas, Demócratas e Europeas de Vigo, ioga para as usuarias da Asociación Cultural Xeada (Vilagarcía de Arousa) e conservación de alimentos, conservas e escabeche coa Asociación Veciñal de Faxilde (Vilanova de Arousa).

Desde o xoves 3 de outubro participarán nos obradoiros de +Xuntas outros seis colectivos da provincia. Así comezarán un curso de plantas medicinais integrantes da Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos (Lalín) e da Asociación do Centro Recreativo e Cultual de Torroso (Mos): outro de autoestima e comunicación asertiva persoas da Fundación As Samaritanas (A Guarda); de arte floral na Casa Cultural Artística e Deportiva de Areas (Ponteareas), e de conservación de alimentos, conservas e escabeche na Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo (Silleda).

O venres 4 de outubro comezarán cinco accións: dúas de conservación de alimentos, conservas e escabeche para a Asociación de Mulleres Rurais OS Borrizos de Cornazo (Vilagarcía de Arousa) e para a Asociación de Mulleres Rurais Amas de Casa Citania de Baión (Vilanova de Arousa), taichi para As Mulleres en Igualdade de Camposancos (Lalín), arte floral coa Asociación de Veciños do Barrio de Saramagoso (Redondela) e risoterapia para a Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo.

Por último, o sábado 5 de setembro iniciaranse outros dous obradoiros, un de risoterapia na Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional de Redondela e outro de xardinaría na Asociación de Mulleres Rurais de Tuiriz (Vila de Cruces).

No marco do programa +Xuntas celebraranse un total de 207 obradoiros para entidades da provincia que traballan na promoción das mulleres. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, entre 20 e 25 por cada acción. Ás entidades ofrecéronselle 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

Os obradoiros de +Xuntas adxudicáronse a colectivos de 53 concellos: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.