A vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, participa na procesión do Cristo de Bouzas
16/07/2023
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, tomou parte esta tarde na Procesión do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas, que percorreu as rúas da vila mariñeira.
A comitiva, que partiu da Igrexa de San Miguel ás 21.00 horas, é unha das máis emotivas e das máis seguidas pola veciñanza da cidade e congregou a milleiros de persoas para acompañar á imaxe. Trátase, amais, do punto álxido dos cinco días de festa de Bouzas, unha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia en 2004.