A vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, asiste á misa polo día do Carme en Vigo
15/07/2023
A eucaristía, presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro Fiuza, celebrouse na antesala do día grande da patroa do mar e da Armada e estivo cargada de emotividade e tradición. Ao finalizar a misa, a vicepresidenta provincial acudiu á ofrenda floral á Virxe do Carme, que correu a cargo do deputado provincial e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; o comandante Naval de Vigo, Antonio Couce; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e outras autoridades marítimas. Trala ofrenda floral, a imaxe da Virxe saíu en procesión marítima pola Ría de Vigo a bordo do “Ostra Segundo”, acompañada dunha ducia de embarcacións engalanadas para a ocasión.