O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na xura de bandeira e entrega de Reais Despachos da Escola Naval de Marín

16/07/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado do vicepresidente provincial Rafa Domínguez, tomou parte esta mañá na tradicional cerimonia do Día do Carme na Escola Naval de Marín, presidida pola ministra de Defensa, Margarita Robles, e na que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Marín e deputada provincial, María Ramallo. Durante o acto, que comezou a primeira hora da mañá coa celebración da Santa Misa en conmemoración da patroa da Armada, a Virxe do Carme, tivo lugar a Xura de Bandeira do novo alumnado da academia da Armada e fixéronse entrega dos Reais Despachos aos que remataron os seus estudos.