O presidente, Luis López, asiste á constitución da nova Corporación provincial da Deputación de Ourense e á toma de posesión do seu presidente, Luis Menor

17/07/2023

López, sentado en primeira fila, deu seguimento ao acto que comezou coa formación da mesa de idade e a comprobación de credenciais dos deputados electos que, a continuación, foron xurando ou prometendo os seus cargos para constituír a nova Corporación que elixiu a Luis Menor como presidente.

Participou no acto o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta 2ª do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, así como conselleiros do goberno autonómico e deputados e senadores nacionais.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.