O presidente, Luis López, asiste á constitución da nova corporación da Deputación da Coruña

18/07/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu esta mañá á sesión constitutiva da nova Corporación Provincial da Deputación da Coruña. López, sentado en primeira fila, deu seguimento ao acto que comezou coa formación da mesa de idade e a comprobación de credenciais dos deputados electos que, a continuación, foron xurando ou prometendo os seus cargos para constituír a nova Corporación que elixiu a Valentín González Formoso como presidente.