O presidente e a vicepresidenta da Deputación asistiron á procesión da Festividade do Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo

06/08/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, asistiron hoxe en Vigo á procesión da Festividade do Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo, a procesión relixiosa máis multitudinaria de toda Galicia. O presidente provincial acompañou a Confraría do Santísimo Cristo, presidida por Marora Martín Caloto e que tamén contou coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.