Luisa Sánchez asiste á saída e chegada dos participantes na Vig-Bay
06/04/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá á saída e chegada, en Vigo e Baiona respectivamente, dos participantes da Vig-Bay, que este ano cumpre o seu primeiro cuarto de século de existencia. A carreira bateu récord de inscritos e contou cunha elevada participación de mulleres, que supera o 30% de participantes por primeira vez. En total anotáronse 6.750 corredores entre a media maratón e os 10 quilómetros. A vicepresidenta, que remarcou o firme compromiso do goberno provincial co deporte ao que situou como eixo estratéxico da acción política da Deputación de Pontevedra, felicitou á organización polo éxito da convocatoria e agradeceu o compromiso das máis de medio millar de persoas involucradas no seu desenvolvemento.