Luis López participa na carreira Vig-Bay acompañando en bicicleta as e os usuarios de Discamino

14/04/2024

Luis López participa na carreira Vig-Bay

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañaron este domingo as e os usuarios do colectivo Discamino na modalidade ciclista da carreira Vig-Bay, unha marcha multitudinaria que une cada ano as cidades de Vigo e Baiona.

Unha actividade na que tamén estivo presente a vicepresidenta Luisa Sánchez e que pon de manifesto a importancia de entidades coma Discamino para fomentar a inclusión de todas as persoas no deporte, unha iniciativa coa que a Deputación está plenamente comprometida.

Galerias de imaxes