A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na presentación da cuarta Move It Vigo Urban Dance Competition
26/03/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación da cuarta edición da Move It Vigo Urban Dance Competition que terá lugar este sábado no recinto do IFEVI e na que se darán cita máis de 1.400 bailaríns e bailarinas de toda España e do norte de Portugal. “Un espectáculo único que xa é sinónimo de éxito e grande afluencia de público que se ten convertido na única cita galega de danza urbana de grandes dimensións” subliñou Sánchez quen remarcou o compromiso do goberno provincial co deporte, “ao que estamos destinando todos os recursos dispoñibles para que a provincia e o deporte sexan un binomio irrompible e Pontevedra poida converterse no maior escaparate mundial do deporte”.