#CULTURA

+ESCÉNICAS

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o circuíto “+Escénicas” de apoio á programación de espectáculos profesionais de artes escénicas nos concellos da provincia de ata 20.000 habitantes.


Esta iniciativa inclúe a creación dun catálogo de espectáculos en lingua galega, co que se pretende impulsar a programación e a representación de funcións de teatro e danza por parte de artistas e compañías profesionais galegas nos espazos dos concellos menos poboados desta provincia, para favorecer así o acceso á cultura por parte de todos os públicos.

O obxectivo deste circuíto é acadar unha programación cultural estable, continua e de calidade na provincia, conxugando a colaboración entre entidades e a promoción da diversidade de propostas artísticas do sector profesional.

Solicitude de inscrición no catálogo “+Escénicas”. Prazo: do 10 ao 24 de xullo de 2024

Solicitude de espectáculos por parte dos concellos. Prazo: do 2 ao 16 de setembro de 2024