#MOBILIDADE
Facultade Ágora
2022
A Deputación de Pontevedra, a través do seu Departamento de Mobilidade e Espazo Público, puxo en marcha a segunda edición da Facultade Ágora, unha experiencia formativa destinada a persoal político e técnico dos concellos da provincia para recuperar espazo público.
Logo do éxito de participación, contidos e repercusión do curso 2021, a segunda edición da Facultade Ágora ten un formato moito máis práctico e descentralizado.
Oferta formativa
CURSO ÁGORA
ONLINE
OBRADOIROS ÁGORA
PRESENCIAL
POLI ÁGORA
PRESENCIAL
CONVERSAS ÁGORA
PRESENCIAL | ONLINE
OBRADOIRO ÁGORA A ESTRADA
O primeiro Obradoiro Ágora tivo lugar na Estrada o 16 de xuño, por considerar que este concello é un dos “buques insignia” do modelo Ágora, pola súa filosofía e decisión de apostar por transformar e de recuperar espazos para as persoas.
Inicialmente, realizouse un paseo de observación pola vila por parte das persoas participantes e no debate conxunto puxéronse sobre a mesa para debate a necesidade de deseñar correctamente as plataformas únicas, o uso moderado dos bolardos ou a obrigada restrición do tráfico para que os espazos recuperados para a cidadanía funcionen correctamente.
Entre outras actuacións, nesta xornada realizouse unha análise da mellora da praza da Feira, unha obra grazas á que se recuperaron 2.800 m2 de espazo público para as persoas cunha subvención de 100.000 euros da Rede Ágora da Deputación.
OBRADOIRO ÁGORA TOMIÑO
OBRADOIRO ÁGORA PONTEAREAS
Ágora. O libro
Esta publicación recolle o contido do ciclo académico da Facultade Ágora, con artigos de cada un dos compoñentes do corpo docente. Un repaso á experiencia filosófica e técnica de reflexión sobre o espazo público nas contornas habitadas de hoxe, con especial referencia ao medio rururbano da provincia de Pontevedra.