Rafa Domínguez presenta a “Pontevedra 4Picos”, unha proba “de mellora e superación persoal, de ver ata onde chegan os nosos propios límites”

07/05/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da “Pontevedra 4Picos”, unha proba non competitiva de BTT que converterá en protagonistas ao Monte Xaxán, A Fracha, O Castrove e O Acibal este sábado 11 de maio. “Trátase dunha proba de mellora e superación persoal, de ver ata onde chegan os nosos propios límites e do que podemos chegar a facer e ser que suporá un gran reto para os participantes”, subliñou o vicepresidente.

Para a Deputación de Pontevedra, tal e como recordou Domínguez, probas como a “Pontevedra 4Picos” son “fundamentais” xa que ademais da práctica do deporte, transmiten valores positivos, son unha “excelente oportunidade para dinamizar a nosa economía e un gran catalizador para o desenvolvemento”. Neste eido, o vicepresidente remarcou o “firme compromiso do Goberno provincial co deporte” e a vontade de “seguir dando pasos cara adiante para situar a Pontevedra no escaparate mundial do deporte”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.