Luis López viste o maillot de ciclista para participar na terceira edición da BTT de Tomiño
28/04/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este domingo na terceira edición da proba de ciclismo de montaña BTT Tomiño. A cita consistiu nunha marcha cicloturista polas rúas, pistas e camiños forestais do municipio tomiñés cun percorrido de 61 quilómetros na modalidade longa e de 40 quilómetros na opción curta e que conta con ata 1.500 metros de desnivel.
Coa súa participación nesta proba ciclista, o mandatario provincial amosa a aposta da Deputación polo deporte, que non só se traduce no apoio a actividades como esta proba ciclista, senón tamén ao fomento da actividade física e a organización de eventos deportivos de interese social en concellos de toda a provincia.