A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia
23/04/2024
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia para coñecer de primeira man a entidade e as empresas ás que representa.
A institución provincial ten unha relación continua coas empresas de distribución de enerxía, xa que moitas das súas canalizacións discorren por estradas provinciais. Así, as empresas precisan solicitarlle autorizacións á Deputación para poder chegar a domicilios particulares e, por outra banda, a Deputación necesita relacionarse con estas empresas cando acomete melloras nas infraestruturas provinciais. Deste xeito, na reunión, e co obxectivo de prestar un servizo público mellor, máis eficaz e eficiente, tanto a deputada provincial como as persoas responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia comprometéronse a garantir unha relación fluída para axilizar as autorizacións e os trámites de cara a proxectos de futuro.