Luis López destaca a contribución da Festa do Viño de Meaño á consolidar ás Rías Baixas como un destino de referencia para o enoturismo
21/07/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo no tradicional desfile de autoridades, confrarías e bodegueiros da vixésimo terceira edición da Festa do Viño de Meaño. Unha xornada que se completou coa lectura do pregón e o nomeamento de novos cabaleiros e damas.
A enoloxía e a cultura do viño é un dos grandes atractivos da oferta turística nas Rías Baixas e eventos como esta tradicional Festa do Viño de Meaño contribúen a potenciar a provincia como destino turístico ligado á natureza, á gastronomía e á enoloxía. Unha celebración que conta co apoio da Deputación.