Luis López asiste ao primeiro curro da Rapa das Bestas de Sabucedo para desfrutar dunha experiencia 100 % Rías Baixas

06/07/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, asistiu este sábado ao primeiro curro da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha festa declarada de interese turístico internacional e á que asistiron milleiros de persoas chegados de dentro e fóra das fronteiras de Galicia.

O mandatario provincial amosa, coa súa participación na festa, o apoio da Deputación a un dos seus grandes eventos culturais e un dos principais atractivos turísticos, unha experiencia 100 % Rías Baixas.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.