#TRANSPARENCIA
Servizos e procedementos
As deputacións provinciais, como responsables do goberno e administración da provincia, deben cumprir as funcións recollidas no artigo 31 da Lei de bases do réxime local, que son garantir a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal e, ao mesmo tempo, asegurar a coordinación da Administración local coa da comunidade autónoma e coa estatal.
Para cumprir estas obrigas a Deputación de Pontevedra préstalles unha serie de servizos ao conxunto dos concellos e á cidadanía co obxecto de continuar o labor integrador territorial desta na provincia en ámbitos tan diferentes coma infraestruturas, xestión tributaria, urbanismo, asistencia informática ou en materia xurídica.
Neste apartado se pode acceder ao catálogo de procedementos administrativos da Sede electrónica.