2025

Plan Provincia Comunitaria

Programa de acción comunitaria da provincia de Pontevedra

Esta liña de acción pretende ser un instrumento para impulsar a cohesión territorial, a sostibilidade ambiental e a habitabilidade humana, desde un enfoque centrado, por primeira vez, nos obxectivos do reto demográfico.


Preténdese non só recuperar os programas de acción comunitaria, senón tamén impulsalos e fortalecelos coa renovación e modernización do seu enfoque, centrándoo nas persoas, de maneira que se aliñen cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, co Acordo de París sobre o cambio climático ou coa Nova Axenda Urbana.

Para este fin defínense desde unha perspectiva de integración social, de modo que a acción institucional vai dirixida a comunidades veciñais e espazos usualmente máis afectados pola desigualdade territorial, como pequenas comunidades e áreas rurais. É dicir, ponse o acento na necesaria vertebración do territorio e a xeración de sinerxías positivas sobre todo nos ámbitos rurais, implicando directamente a propia veciñanza na construción do seu propio modelo de vida con parámetros de calidade, sostibilidade e equidade na prestación de servizos.

Novas relacionadas

A Deputación ultima o prazo para que as asociacións veciñais e as comunidade de augas soliciten achegas ao abeiro dos programas de Acción Comunitaria, dotados con 2,4 millóns de euros

10/03/2025

A Deputación presenta ante centos de persoas en Vilaboa os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

06/02/2025

A Deputación presenta en Portas os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

05/02/2025

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

04/02/2025

A Deputación presenta ante centos de persoas en Poio os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

01/02/2025

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns de euros entre os colectivos veciñais da provincia este 2025

29/01/2025

A Deputación presenta ante centos de persoas na Estrada os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

29/01/2025

Luis López sinala que as axudas melloradas de Acción Comunitaria sitúan á Deputación nunha “referencia en España” do apoio aos colectivos veciñais

17/12/2024

Luis López detalla que a Deputación mellorará en 2025 as axudas a asociacións veciñais e comunidades de augas con máis orzamento, menos burocracia e ata 6.000 euros para legalizar traídas de augas

13/12/2024

— 9 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 9 de 20 resultados.