A Deputación destinará 130.000 euros para instalacións de aerotermia en edificios municipais das Neves

Esta actuación ten por obxectivo promover este tipo de enerxía limpa na Casa do Concello e no Centro Cultural das Neves, o que suporá un importante aforro enerxético

13/12/2024

Rolda de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente para contratar as obras para poñer en marcha instalacións de aerotermia sostible en edificios municipais do Concello das Neves. Trátase dunha actuación que ten un orzamento de 130.000 euros, dos que 55.000 € se financian a través do programa DUS 5000 do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE), mentres que a Deputación asume o resto, 75.000 €, xa que o Concello vai financiar a achega municipal  (31.000 €) cunha axuda do Plan +Provincia 2024.

“Con iniciativas como as que imos impulsar no Concello das Neves queremos reducir as emisións de CO2 mediante a implantación de medidas de eficiencia enerxética, así como favorecer o uso de fontes de enerxía renovables que contribúan ao desenvolvemento económico local”, explicou o presidente provincial Luis López.

O obxectivo desta actuación é realizar as instalacións de aproveitamento da enerxía aerotérmica na Casa do Concello e no Centro Cultural das Neves, substituíndo as actuais instalacións de climatización, que contan con problemas de eficiencia. Deste xeito, instalarase unha unidade exterior común a ambos edificios na rúa José Gil, cunha potencia frigorífica de 73 kW e calorífica de 81,5 kW.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.