A Deputación organiza obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’ para achegar a arte ás nenas e nenos da provincia

As actividades desenvolveranse os sábados 13, 20 e 27 de xullo, con novas quendas en setembro

03/07/2024

imaxe obradoiro museo

Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’, que abrirá as súas portas o próximo mércores 10 de xullo, o Museo de Pontevedra programa unha serie de obradoiros en familia que se desenvolverán nos sábados dos meses de xullo e agosto. Están dirixidos a nenos e nenas a partir de 6 anos, en compañía dunha persoa adulta. A inscrición pódese facer a partir do xoves 4 de xullo a través de Whatsapp, no número 617340323.

Os tres primeiros obradoiros celebraranse os sábados 13, 20 e 27 de xullo, de 11:30 a 13:00 h, no Edificio Castelao. Cada un deles está vinculado a un acto da exposición ‘A era das fábulas. Sobre a arte e o poder rexenerador da fantasía’. En setembro volverá haber tres novos obradoiros, os días 14, 21 e 28. Todos eles serán impartidos por Ana Barreiro e África Martínez, de Taller Abierto.

Seguindo o concepto expositivo que vincula o ancestral co contemporáneo a través da fábula ou o mito, desenvolverase unha serie de actividades plásticas que axuden a entender a arte ao longo da historia como reflexo do tempo no que foi creada e de entender como nos serve para reflexionar sobre temas contemporáneos.

Galerias de imagenes