A Deputación leva este venres ata Lalín un concerto de Anxo Lorenzo no marco do programa provincial +Música

O concerto deste gaiteiro solista internacional terá lugar ás 21:00 horas na praza da Igrexa de Lalín

24/07/2024

A Deputación de Pontevedra leva este venres ata Lalín un concerto de Anxo Lorenzo no marco do programa +Música, a iniciativa coa que a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galegos co obxectivo de fomentar a cultura  e a lingua. O concerto deste gaiteiro solista internacional terá lugar ás 21:00 horas na praza da Igrexa de Lalín.

Anxo Lorenzo, orixinario de Moaña, introducise na música aos cinco anos e, un ano despois, comezou a tocar a gaita. Con oito anos ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo e desde os doce anos colabora con grupos de música tradicional galega cos que tamén realiza traballos de investigación. En Lalín interpretará pezas de música tradicional galega e irlandesa con carácter festivo.

O concerto de Anxo Lorenzo trátanse dunha das 59 actuacións de +Música que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. Este programa provincial  ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.