A Deputación leva o próximo mércores ata Cambados un concerto de The Rapants no marco do programa provincial +Música

A actuación da banda galega do momento terá lugar ás 22:00 horas na Praza de Fefiñáns dentro da programación das Festas do Albariño

27/07/2024

A Deputación de Pontevedra leva este mércores ata Moraña un concerto de The Rapants no marco do programa +Música, a iniciativa coa que a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galegos co obxectivo de fomentar a cultura  e a lingua. O concerto da banda galega do momento forma parte da programación da Festa do Albariño e terá lugar ás 22:00 horas na Praza de Fefiñáns.

Naturais de Muros, Samuel, Matías, Xaquín y Xanma forman esta banda que navega entre o indie, o pop e o garage e que, con apenas catro anos de concertos ás súas costas, o pasado 2023 rodou por corenta festivais e salas de Galicia, como o Revenidas, o Festival da Luz, o Festival das Carrilanas e o Surfing the Lérez, entre outros. Este ano presentan nos seus concertos o seu último disco, "La máquina del buen rollo", un traballo que explora estilos que van desde o rap ata o rcok, o country ou a música disco.

O concerto de The Rapants trátase dunha das 59 actuacións de +Música que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. Este programa provincial  ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

Ligazóns de interese

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.