A vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, reúnese coa Federación Provincial de Hostalería para impulsar iniciativas de interese para a provincia
11/01/2024
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, acaba de reunirse na Sede de Vigo co presidente da Federación Provincial de Hostalería (FEPROHOS), César Ballesteros, e a súa xerente, Beatriz Carballido. Durante a xuntanza, a vicepresidenta provincial amosou a vontade de establecer vías de colaboración con FEPROHOS, analizando proxectos de interese conxunto que se poden impulsar na provincia.