A vicepresidenta primeira da Deputación reúnese coa Confederación Estatal de Asociacións Veciñais

30/01/2024

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, xunto ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse no Pazo provincial con Julio Molina e M.ª José Villamarín, presidente e vicesecretaria da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais, e con Fernando Rois, presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais. Durante a xuntanza, a vicepresidenta e os dirixentes da confederación afondaron no movemento asociativo veciñal e na súa situación actual, así como vías de colaboración conxunta.

No marco destas liñas de colaboración, Marta Fernández-Tapias ofreceu as instalacións da Sede de Vigo para acoller o Consello Confederal da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais, o segundo órgano máis importante da entidade tras a asemblea, que terá lugar os días 24 e 25 de febreiro e converterá a cidade olívica no epicentro do movemento veciñal estatal. Ademais, durante a xuntanza, a vicepresidenta tamén foi convidada á presentación da Guía veciñal de rehabilitación, elaborada pola Confederación Estatal de Asociacións Veciñais a través dun convenio co Colexio Superior de Arquitectos de España, que terá lugar o 24 de febreiro, ás 12:00 horas, na delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia.