A vicepresidenta Luisa Sánchez reúnese coa Asociación de Empresarios de Deza (AEDEZA)

07/08/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Empresarios de Deza (AEDEZA). Na xuntanza, na que a vicepresidenta provincial aproveitou para poñer en valor o traballo desenvolvido pola entidade a prol dos empresarios desta comarca pontevedresa, analizáronse as diferentes vías de colaboración para poñer en marcha iniciativas conxuntas e establecer sinerxías entre ambas entidades.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.