Luis López reafirma o apoio ao tecido empresarial da provincia nun encontro coa nova presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, María Borrás
21/11/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez; recibiu este xoves á nova presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, María Borrás. A dirixente deste organismo empresarial solicitou este encontro que serviu para coñecer as liñas mestras do proxecto da nova directiva e seguir estreitando os lazos de colaboración entre os dous organismos.
Pola súa banda, o mandatario provincial deu os parabéns á presidenta polo seu recente nomeamento e tendeu a man da Deputación para seguir cooperando coa entidade a prol dos intereses do tecido produtivo da provincia.