A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste no Porriño ao décimo aniversario do Centro de Aplicacións Láser de AIMEN
25/09/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto co deputado provincial e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, asistiu ao décimo aniversario do Centro de Aplicacións Láser que AIMEN ten no polígono de Cataboi. Na celebración déronse cita o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ademais do consello directivo de AIMEN encabezado polo seu presidente, Antonio Casal.