A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á estrea da documental “La meningitis en Galicia: más allá de las cifras”

25/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde á estrea da documental “La meningitis en Galicia: más allá de las cifras”. A presentación da documental, na que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a presidenta da Asociación Española de Meninxite, Cristina Regojo, contou cunha homenaxe musical ás persoas afectadas de menixite a cargo do pianista Alejo Amoedo e da cantante mezzosoprano Nuria Lorenzo.

“La meningitis en Galicia: más allá de las cifras” trátase dun contido audiovisual que narra a epidemia desta doenza nas décadas dos 70 e 80 do século pasado a través de testemuñas de persoas expertas e afectadas, afondando nas secuelas da enfermidade e no seu impacto en Galicia.