Luis López asiste ao partido entre as seleccións femininas de balonmán de España e Acerbaixán no Porriño, un dos grandes eventos deportivos promovidos pola Deputación

07/04/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta, Luisa Sánchez, asistiron este domingo ao partido de clasificación para o Campionato de Europa 2024 de balonmán feminino que tivo lugar no pavillón municipal do Porriño entre as seleccións absolutas de España e Acerbaixán.

Un dos grandes eventos deportivos que promove a Deputación este ano na provincia e que se enmarca no acordo asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Real Federación Española de Balonmán para realizar na provincia dous encontros dos combinados absolutos feminino e masculino. O vindeiro compromiso terá lugar o día 8 de maio en Lalín, co partido de ida para a clasificación para o mundial do 2025 entre España e Serbia.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.