Luis López visita as Guerreiras no adestramento previo ao encontro con Acerbaixán deste domingo no Porriño
05/04/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto á vicepresidenta e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, e o alcalde do Porriño e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, asistiu esta tarde ao adestramento convocado pola selección española de balonmán feminino previo ao encontro que disputarán as Guerreiras o domingo fronte a Acerbaixán. O partido, que conta co patrocinio da institución provincial e que terá lugar no pavillón municipal do Porriño, enfrontará ambos os equipos no último partido do clasificatorio para o Europeo de 2024. Os responsables provinciais tiveron oportunidade de charlar coas xogadoras e saudar as galegas seleccionadas, Alicia Fernández (Valdoviño) y Paulina Buforn (O Porriño).