A Deputación visita o Concello de Campo Lameiro para avanzar no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na estrada provincial EP-8303 Igrexa de Fragas e outras vías provinciais

12/11/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación visitou o Concello de Campo Lameiro xunto co seu alcalde, Carlos Costa, e membros do goberno local, para avanzar no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na estrada provincial EP-8303 Igrexa de Fragas e outras vías provinciais.

Couselo percorreu un tramo da estrada provincial EP-8303 Igrexa de Fragas para concretar xunto co alcalde da vila as actuacións a contemplar no proxecto no que xa está traballando o servizo provincial de Infraestruturas e que tamén recollerá melloras en dúas estradas provinciais que atravesan o lugar de Couso: a EP-8301 Couso-Armonda e a EP-8302 Couso-Agueiros.