A Deputación reúnese co Concello da Lama para avanzar no proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial EP-0306 Ponte do Verdugo-Cambeses-A Barcia

11/11/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación reuniuse co alcalde da Lama, David Carrera, para avanzar no proxecto de ensanche e mellora da estrada provincial EP-0306 Ponte do Verdugo-Cambeses-A Barcia. Nestes momentos, tal e como detallou a deputada, o equipo técnico da institución provincial está a traballar neste proxecto co obxectivo de dar continuidade aos traballos executados anteriormente nesta estrada provincial, dotando dun maior ancho a plataforma e garantindo a seguridade viaria.

Ademais, durante a xuntanza, tamén se aproveitou para afondar noutros proxectos de futuro para o Concello da Lama, como a posta en marcha dunha senda peonil na estrada provincial EP-0301 A Lama-Ponte do Verdugo. Neste eido, tal e como informou Isabel Couselo, para o alcalde é prioritario dotar de espazos peonís esta estrada provincial que comunica A Lama coa praia fluvial do Verdugo.