A Deputación e o Concello de Campo Lameiro avanzan no proxecto de mellora da seguridade viaria de catro estradas provinciais cun orzamento de máis de medio millón de euros

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, para avanzar na redacción do proxecto de mellora das estradas provinciais EP-8301 Couso-Armonda, EP-8302 Couso-Agueiros, EP-8303 Igrexa de Fragas e EP-8304 Moimenta-Armonda

11/12/2024

Isabel Couselo e o alcalde de Campo Lameiro

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Campo Lameiro, Carlos Costa, avanzan no proxecto de mellora da seguridade viaria de catro estradas provinciais ao seu paso polo termo municipal nas que está previsto investir máis de medio millón de euros. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo,  reuniuse co alcalde Carlos Costa para matizar a redacción deste proxecto de mellora destas estradas.

Nestes momentos, tal e como recordou a deputada, técnicos do servizo provincial de Infraestruturas están rematando a redacción do proxecto para as estradas provinciais EP-8301 Couso-Armonda, EP-8302 Couso-Agueiros, EP-8303 Igrexa de Fragas e EP-8304 Moimenta-Armonda, no que está previsto actuar para executar obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade.

En liñas xerais, segundo informou a deputada de Infraestruturas, nestas catro estradas provinciais ao seu paso por Campo Lameiro está previsto, entre outras actuacións, instalar barreiras, dotalas de cunetas de seguridade, así como reforzar a sinalización vertical e horizontal.