A Deputación de Pontevedra viaxará a próxima semana a Xapón para participar no Congreso Internacional da Camelia en Tokio

A delegación pontevedresa estará encabezada polo presidente provincial, Luis López, e o deputado de Acción Comunitaria e da Finca Areeiro, Javier Tourís, que manterán encontros con distintos organismos para avanzar na promoción da camelia e da provincia a nivel internacional

07/03/2025

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra viaxará a próxima semana a Xapón para participar no Congreso Internacional da Camelia en Tokio. A delegación pontevedresa estará encabezada polo presidente provincial, Luis López, e o deputado de Acción Comunitaria e da Finca Areeiro, Javier Tourís, que manterán encontros con distintos organismos para avanzar na promoción da camelia e da provincia a nivel internacional.

"Imos irmandarnos cun país, Xapón, co que compartimos a devoción por unha flor, a camelia, que xa é emblema das Rías Baixas", asegurou o presidente quen engadiu que "grazas á nosa participación nesta xuntanza e a esta flor que marabilla e nos abre as portas a nivel internacional, poremos a Rías Baixas no mapa". De feito, no Congreso o Pazo de Rubianes vai renovar a súa certificación como Xardín de Excelencia Internacional da Camelia, concedida hai dez anos, e vaise detallar a incorporación de novos enclaves á Ruta da Camelia.

O Congreso Internacional da Camelia de Xapón terá lugar entre o 9 e o 13 de marzo e nel a Finca Areeiro, "un gran referente no estudo e investigación arredor da camelia", tal e como explicou Luis López, terá unha participación activa. Ao detalle, o presidente explicou que durante o congreso persoal técnico de Areeiro dará a coñecer o plan estratéxico do Té, a súa evolución en canto á composición e as novidades no que respecta ao combate de pragas da camelia.

videos

audios