Luis López salienta que a participación no Congreso da Camelia en Xapón reforza o peso da provincia como “paraíso” da flor e destino turístico internacional

O presidente da Deputación clausura a viaxe institucional a Tokio coa recollida do certificado que renova por dez anos máis a condición do Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, como xardín de excelencia internacional da camelia

14/03/2025

recollida do certificado que renova por dez anos máis a condición do Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, como xardín de excelencia internacional da camelia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta o reforzo da posición da provincia como territorio de excelencia ligado á camelia e destino turístico internacional na clausura da expedición pontevedresa a Xapón para participar no Congreso Internacional da Camelia. Unha viaxe institucional que se pechou este venres, no acto de peche do evento, no que o mandatario provincial recolleu o certificado de renovación do Pazó de Rubiáns como xardín de excelencia internacional da camelia. A delegación pontevedresa, encabezada por Luis López, xunto co deputado Javier Tourís e persoal da Finca Areeiro; visitou xardíns e centros de investigación na cidade xaponesa de Oshima, estreitou lazos cos membros da Sociedade Internacional da Camelia, presentou tamén os resultados das investigacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e confirmou a presentación da candidatura conxunta con Portugal para acoller o Congreso no ano 2031.

A actividade da Deputación na derradeira xornada do Congreso Internacional da Camelia que se celebrou en Tokio ao longo de toda a semana centrouse no acto de entrega de certificados de excelencia internacional a xardíns de camelias de todo o mundo. Un dos escenarios protagonistas desta cerimonia foi o xardín do Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, que despois de conseguir o distintivo hai dez anos, o presidente provincial recibiu de mans dos organizadores do Congreso Internacional da Camelia o certificado co que se renova o seu estatus por dez anos máis.

A axenda institucional do presidente provincial foi tamén intensa. Despois de visitar dous parques de camelia na illa de Oshima, así como un centro de investigación no que os estudantes presentáronlles os proxectos que teñen en marcha. Do mesmo xeito, mantivo encontros institucionais co alcalde de Oshima, Sakaue Choichi; e o presidente da Sociedade Internacional da Camelia, Gianmario Motta, así como unha reunión co presidente da Cámara Municipal de Lousada, en Portugal, da que saíu a principal noticia da expedición: a presentación da candidatura conxunta entre España e Portugal para acoller no ano 2031 o Congreso Internacional da Camelia.

Non foi o único feito no que a provincia de Pontevedra acaparou os focos internacionais da camelia. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, representada pola doutora Pilar Vela, presentou tamén os resultados dos seus últimos estudos de investigación. Por un lado, un proxecto para tratar un fungo que está a afectar plantacións de camelia en todo o mundo e, por outro, un plan estratéxico para ampliar a produción de Té Areeiro por toda a provincia.
 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.