![](/documents/37861/6075909/somos-ponte.jpg/297d89ae-4c53-b980-85dd-fb7803b3d37f?t=1700657270606)
PROGRAMA
Somos Ponte
Compromiso local, justiza global
“Somos ponte” é un programa de sensibilización que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra co obxectivo de poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento e o importante papel que nela ten a Administración local.
organizacións do sur global, obradoiros en centros de ensino da provincia e unha campaña informativa—. “Somos ponte” quere visibilizar os cambios que comunidades noutros lugares do mundo logran no acceso a dereitos básicos a través de proxectos impulsados por ONGD galegas co apoio de entidades como a propia Deputación.
“Somos ponte” comparte coñecemento sobre que é a cooperación ao desenvolvemento e a súa importancia no contexto global, que actores interveñen nela e os proxectos que se realizan. Pero tamén sitúa a Pontevedra no mapa como unha provincia solidaria e comprometida, conectada co mundo a través da cooperación ao desenvolvemento.