A Deputación retoma este luns en Meis as visitas do novo servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos

Os técnicos provinciais visitarán os establecementos comerciais do concello co obxectivo de que sexan parte activa na xestión responsable dos bidorresiduos e axudarlles no cumprimento da nova lexislación en materia de residuos

16/11/2024

A Deputación de Pontevedra retoma este luns 18 de novembro en Meis as visitas do Servizo de vixilancia, inspección e control de xestión de residuos (SEVIC), despois de pasar no que vai de ano por Baiona, Barro, Bueu, Cangas e Moaña, para axudar aos Gobernos municipais no cumprimento da nova lexislación nesta materia.

O obxectivo da visita é que os establecementos comerciais da vila sexan parte activa na xestión responsable dos biorresiduos, contribuíndo así á preservación do medio ambiente e ao fomento de espazos más limpos e saudables para todos os seus habitantes. Desta maneira, ao longo de dúas semanas o persoal técnico da Deputación visitarán arredor de 40 establecementos de biorresiduos co fin de explicar dúbidas de separación.  Así, proporcionaráselles orientación sobre as mellores prácticas para a separación e manexo adecuado dos residuos e se lles fará entrega de materiais educativos. Ademais, tamén se pretende aproveitar as visitas para recadar información para avaliar o cumprimento da normativa aplicable, concretamente, na correcta separación dos residuos nas diferentes fraccións e garantir a súa recollida separada.

Actualmente xa son 16 os concellos da provincia adheridos a este servizo: A Cañiza, A Guarda, As Neves, Baiona, Barro, Bueu, Cangas, Gondomar, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda e Tomiño. Ao abeiro do SEVIC, os produtores de residuos estarán suxeitos a inspeccións periódicas que serán levadas a cabo polo corpo de funcionarios habilitado pola Deputación, que terán a consideración de axentes da autoridade. Deste xeito, os feitos constatados por este persoal formalizaranse nunha acta e gozarán da presunción de certeza a efectos probatorios.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.