Luis López amósalle o seu apoio ao sector pesqueiro da provincia nunha xuntanza coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores

O presidente da Deputación de Pontevedra recibiu no Pazo provincial o presidente da federación, José Manuel Rosas, e o secretario, Javier Martínez Durán

07/09/2023

Luis López nunha reunión coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, referendou este xoves o seu apoio ao sector pesqueiro e do marisqueo da provincia nun encontro co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores, José Manuel Rosas, e co secretario, Javier Martínez Durán, que tivo lugar no Pazo provincial.

O encontro serviu para estreitar lazos entre ambas as entidades e manifestar, por parte do presidente Luis López, a súa predisposición para colaborar en asuntos de interese co sector pesqueiro e marisqueiro da provincia. Durante este encontro as dúas partes valoraron os apoios ao sector produtivo da pesca e do marisqueo da provincia de cara ao ano 2024.