O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presenta o libro A ría de Arousa sur en fotografías

12/12/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou o libro “A ría de Arousa Sur en fotografías” que acaba de editar a institución provincial e conta con imaxes de Germán Cruces e textos do xornalista Fernando Franco e do naturista Estanislao Fernández de la Cigoña. “Trátase dun exemplar único –asegurou o vicepresidente-, un libro ao que volveremos unha e outra vez e inclúe escenas habituais, das paisaxes e vilas de Arousa, ás que estamos moi acostumados pero que, sen embargo, a través das fotografías de Cruces vémolas cuns ollos novos”.

Rafa Domínguez aproveitou a ocasión para amosar o compromiso da Deputación de Pontevedra coa divulgación da cultura e arte da veciñanza da provincia. “Contaredes sempre co noso apoio, imos facer un importante esforzo para difundir a cultura galega e máis concretamente todos aqueles aspectos relacionados con Pontevedra”.