A Deputación inicia as obras de seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-6005 Prado-Bodaño en Lalín

Os traballos permitirán habilitar unha senda peonil de case 600 metros entre os núcleos de Prado e Vilar do Río

13/06/2023

Obras na estrada Prado-Bodaño en Lalín

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-6005 Prado-Bodaño, no Concello de Lalín, que contan cun orzamento de adxudicación de 301.939€ e permitirán habilitar unha senda de case 600 metros nesta estrada provincial para garantir o tránsito peonil. Os traballos, que se enmarcan no modelo de mobilidade sostible da institución provincial, fináncianse a través dun convenio, polo que a Deputación aporta o 80%  do presuposto e o Concello de Lalín o 20% restante.

A senda peonil que se vai habilitar discorrerá nun treito de case 600 metros entre o núcleo de Prado, na intersección coa N-525, e o de Vilar do Río, cunha anchura mínima de 2,5 metros. Por outra banda, a actuación prevé que na zona da ponte sobre o Rego de Santa Lucía se adecuará o antigo trazado da estrada e habilitarase como zona de convivencia, para dar continuidade á senda.

Contémplase así mesmo a execución dunha nova rede soterrada de pluviais, así como a habilitación dunha cuneta de formigón transitable. Tamén se aglomerará o firme existente e se executará unha nova rede soterrada de alumeado público por debaixo da senda. Por último, realizarase a correspondente sinalización horizontal e vertical e limitarase a velocidade do tramo a 30 km/h, amais de construír 5 pasos de peóns elevados.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.