A Deputación adxudica por 302.000 euros as obras da mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-6005 Prado-Bodaño en Lalín

Os traballos permitirán habilitar unha senda peonil de case 600 metros entre os núcleos de Prado e Vilar do Río

09/12/2022

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar as obras de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-6005 Prado-Bodaño, no Concello de Lalín, por un orzamento de 301.939€. Os traballos, que teñen un prazo de execución de seis meses e desenvólvense ao abeiro do modelo de mobilidade sostible da institución provincial, “que permite gañar espazo para as persoas”, como subliñou a presidenta Carmela Silva, financiaranse a través dun convenio, polo que a Deputación aporta o 80%  do presuposto e o Concello de Lalín o 20% restante.

Este traballos na estrada Prado-Bodaño incluirán a construción dunha senda peonil nun treito de case 600 metros (pq 0+000 ao pq 0+573), que contará cunha anchura mínima de 2,5 metros e discorrerá entre o núcleo de Prado, na intersección coa N-525, e o de Vilar do Río.  Na zona da ponte sobre o Rego de Santa Lucía adecuarase o antigo trazado da estrada e habilitarase como zona de convivencia, para dar continuidade á senda.

Amais, limitarase a velocidade do tramo a 30 qm/h e construiranse 5 pasos de peóns elevados. O proxecto contempla así mesmo a execución dunha nova rede soterrada de pluviais, así como a habilitación dunha cuneta de formigón transitable  na marxe esquerda. Tamén se aglomerará o firme existente, e se executará unha nova rede soterrada de alumeado público por debaixo da senda. Por último, realizarase a correspondente sinalización horizontal e vertical.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.