Contratación de melloras nas contornas comerciais dos concellos adheridos ao programa “Da túa man” (rural)

A iniciativa conta cun orzamento total de case 50.000 euros

18/12/2023

A Deputación de Pontevedra contratará a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial dos concellos adheridos ao proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área.

En total, son case 50.000 euros os destinados no conxunto da provincia a esta actuación, que permitirán instalar prazas de aparcamento accesibles e xardineiras nas contornas comerciais de outros oito concellos, ademais de Rodeiro: Arbo, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves e Pontecesures. “Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado cos fondos Next Generation, busca visibilizar e modernizar ao pequeno comercio e á hostalería local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular, así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes. Así mesmo, preténdese crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de quilómetro cero.

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural)” abrangue outros proxectos como a instalación de illas ecolóxicas con contedores e de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

Rodeiro

A Deputación de Pontevedra contratará a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello de Rodeiro cun orzamento de 6.481 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Rodeiro dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en batería existentes na intersección da rúa da Piscina coa rúa A, e incluiranse seis xardineiras ao outro lado da rúa A, fronte á praza, concretamente na travesía da Clínica para delimitar e embelecer a zona comercial.

Pontecesures

A Administración provincial contratará a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello de Pontecesures cun orzamento de 4.545 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Pontecesures dotarase de accesibilidade a dúas prazas de aparcamento en liña situadas na rúa Sagasta, á altura do cruzamento coa travesía dos Muelles e a rúa Estación, e incluiranse catro xardineiras na zona contigua a ditas prazas para delimitar e embelecer a zona comercial.

Mondariz

Vaise contratar a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello de Mondariz cun orzamento de 6.211 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial a hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Mondariz dotarase de accesibilidade a dúas prazas de aparcamento en batería situadas na praza de Abastos, e incluiranse seis xardineiras na zona contigua ás prazas para delimitar e embelecer a zona comercial.

Meis

No Concello de Meis a Deputación de Pontevedra contratará a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial cun orzamento de 5.761 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Meis dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en liña existentes na avenida de Cambados, concretamente á altura da intersección coa rúa Ramón Cabanillas, e incluiranse seis xardineiras nas inmediacións de dita praza para delimitar e embelecer a zona comercial.

Forcarei

A Deputación de Pontevedra contratará a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello de Forcarei cun orzamento de 6.122 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Forcarei dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en liña existentes na estrada N-541 fronte ao peto das Ánimas, concretamente na marxe da praza dos Gaiteiros, e incluiranse seis xardineiras nas inmediacións para delimitar e embelecer a zona comercial.

Cuntis

Contratación da instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello de Cuntis cun orzamento de 5.784 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Cuntis dotarase de accesibilidade a unha praza de aparcamento en liña situada na rúa Don Aurelio, e incluiranse seis xardineiras en liña na beirarrúa contigua á praza como elementos para delimitar e embelecer a zona comercial.

Campo Lameiro

A Deputación de Pontevedra contratará a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello de Campo Lameiro cun orzamento de 3.717 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Campo Lameiro dotarase de accesibilidade a unha praza de aparcamento en liña xa existente na estrada de Codeseda á altura da praza Campo da Feira, e incluiranse tres xardineiras como elementos para delimitar e embelecer a zona comercial ao comezo de dita estrada, na contorna dos lavadoiros próximos á panadería e á farmacia.

As Neves

A Deputación de Pontevedra contratará a instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello das Neves cun orzamento de 6.153 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. A iniciativa busca asegurar que os municipios conten con estacionamentos específicos para persoas con discapacidade, debidamente sinalizados e co tamaño adecuado. Ademais, contemplase embelecer a zona comercial con xardineiras, o que axudará ás persoas con discapacidade visual a orientarse na área. En concreto, no Concello das Neves dotarase de accesibilidade a unha das prazas de aparcamento en batería existentes na praza Maior, e incluiranse seis xardineiras nos lados norte e este da praza co fin de evitar accesos ou estacionamento temporal de vehículos en dita zona e para delimitar e embelecer a zona comercial.

Arbo

Contratación da instalación de prazas de aparcamento reservadas e accesibles e xardineiras na contorna comercial do Concello de Arbo cun orzamento de 4.557 euros ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial e á hostaleira local do rural da provincia. En concreto, no Concello de Arbo dotarase de accesibilidade a dúas prazas de aparcamento en diagonal xa existentes na praza do Mercado, a través de sinalización vertical, e incluiranse catro xardineiras como elementos para delimitar e embelecer dita zona.