A compañía AsSircópatas leva Abracadaver este venres a Pontecesures no marco do ciclo escénico da Deputación

A función, con entrada libre ata completar a capacidade, terá lugar ás 18:30 horas no centro social da vila

14/12/2023

O número circense de AsSircópatas Abracadaver chega este venres, 15 de decembro a Pontecesures. A actuación dará comezo ás 18:30 horas no centro social da vila como parte do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A entrada será libre ata completar a capacidade.

Abracadaver é un espectáculo terrorificamente divertido para todos os públicos, unha terapia de choque coa que desfacerse dos medos e unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. Rogelio, ao que dá vida o actor Dani Blanco, protagoniza esta proposta cargada de bo humor, clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón ou, entre outras ferramentas, “serruchos”.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, desde outubro e ata finais de mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.