O ciclo de teatro da Deputación chega este sábado ata A Lama e Campo Lameiro

No multiúsos da Lama poderá verse a partir das 19 horas Ladrón de risas, a cargo de Expresión Producións. A partir das 20horas no Auditorio Municipal Sobrino Buhígas de Campo Lameiro a compañía Ibuprofeno Teatro representará O mel non caduca

15/12/2023

O ciclo de teatro da Deputación de Pontevedra “Tornar ás táboas” chega este sábado aos concellos da Lama e Campo Lameiro, con espectáculos de entrada libre ata completar a capacidade dirixidos a público mozo e adulto. No multiúsos da Lama poderá verse a partir das 19 horas Ladrón de risas, a cargo de Expresións Producións, e a partir das 20 horas no Auditorio Municipal Sobrino Buhígas de Campo Lameiro Ibuprofeno Teatro representará O mel non caduca.

Ladrón de risas é unha comedia sobre tres historias divertidas e amenas en tres vivendas do mesmo edificio. Nunha delas escóitanse ruídos, noutra traballo e amor e na última unha cea con amigos, pero nada é o que semella. Pola súa banda O mel non caduca, protagonizada por Marián Bañobre e Avelino González, aborda a relación do ser humano cos obxectos, a degradación ecolóxica do planeta e a obsolescencia programada.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, desde outubro e ata finais de mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.