A Deputación edita o catálogo da mostra “Dende a fenda”, que reuniu na Sede de Vigo a obra de dez creadoras comprometidas co feminismo

A Deputación vén de editar o catálogo da exposición “Dende a fenda.

26/03/2023

Mostra Dende a Fenda, na Sede de Vigo

Prácticas artísticas e feministas de Galicia”, que reuniu na sede de Vigo co gallo do 25N a obra de dez creadoras comprometidas co feminismo. Na presentación do volume, a presidenta provincial, Carmela Silva, estivo acompañada por dúas das artistas que participaron na mostra,  Rebeca Lar e Constance Hurlé, esta última encargada de realizar unha performance na súa apertura e que para o lanzamento do catálogo creou e recitou o poema “Dende a fenda”, elaborado expresamente para a ocasión. Un poema que lembra as feridas das mulleres artistas e detalla como “fuximos, saímos a rúa e cambiamos o conto. Dende a fenda xurdimos, facéndonos fortes. Collemos as rendas e xuntas, agora, berramos”.

O catálogo é un volume de 136 páxinas do que a Deputación ten editado 500 exemplares e que recolle as obras da mostra, incluíndo fotografías das pezas e imaxes da performance inaugural de Hurlé. En canto aos textos, reúne explicacións das obras e o proceso creativo que seguiu cada participante, amais dun prólogo da presidenta da Deputación, dun texto da comisaria, Paula Cabaleiro, e das biografías das artistas.  Carmela Silva quixo destacar a importancia de realizar este tipo de catálogos  para “dar visibilidade ás obras das mulleres artistas que, normalmente, se catalogan menos e están pouco recollidas en publicacións oficiais”.

Amais de Rebeca Lar e Constance Hurlé,  “Dende a fenda” reflexou as achegas da loita feminista ás artes plásticas e visuais da obra de Mar Caldas, Amaya González Reyes, Itziar Ezquieta, Xisela Franco, Chelo Matesanz, Mery Pais, Mar Ramón, Nuria Ruibal  e Neves Seara. Así, a publicación recolle o traballo multidisciplinar (pintura, escultura, instalación, fotografía, videocreación, arte sonora, performance, debuxo, ilustración e gravado) destas dez creadoras galegas, que tiñan tamén en común a súa vinculación á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, xa fose como ex alumnas ou docentes. 

Dende a fenda (de Constance Hurlé)

Dende a fenda falamos mulleres, artistas, galegas

Dende a fenda, feridas fuximos enchidas de sangue cos corpos tinxidos, vermellos de aborto, de dor, e de medos herdados.

Dende a fenda ficamos espidas por longo, esquecidas, negadas, borradas, perdidas no engano de ser tan só musas.

Dende a fenda saímos, as almas abertas coas mans agarradas facendo pegada coas verbas, coa llaga, coa arte, o amor e a guerra.

Dende a fenda ficamos feridas, falamos, fuximos. Saímos á rúa. Cambiamos o conto.

Dende a fenda xurdimos facéndonos fortes. Collemos as rendas e xuntas, agora, berramos

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.