Asistencia Intermunicipal
O Servizo de Asistencia Intermunicipal (SAIM) ten entre os seus obxectivos garantir con plenitude a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos da provincia de Pontevedra, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión. Así, dáse cumprimento ao establecido nos artigos 31 e 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e nos artigos 113 a 117 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
O asesoramento municipal articúlase en:
- Asesoramento técnico e xurídico (solicitude en sede.depo.gal)
- Emisión de informes xurídicos sobre calquera materia que teña relación directa coas competencias municipais
- Visitas informativas
- Contestación telefónica de consultas
- Tramitación de expedientes disciplinarios
- Colaboración na elaboración de documentos coma ordenanzas, pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas
- Tramitación de expedientes de expropiación
- Valoración dos sobres B e C en distintos expedientes de contratación (limpeza de edificios, seguros…)
- Elaboración de propostas de designación de funcionarios para colaborar tecnicamente cos concellos na realización de proxectos, levantamentos topográficos, mesas de contratación ou actas de recepción
- Elaboración de propostas de designación de funcionarios para participar en tribunais de selección en distintos procesos selectivos dos concellos
- Comunicación de noticias de interese aos concellos, coma as convocatorias para a concesión de subvencións ou a promulgación de disposicións legais que lles afecten
- Asesoramento informático a través do Servizo de Novas Tecnoloxías
Desde o SAIM lévase a xestión administrativa:
- Do Centro de Acollida e Protección de Animais Abandonados da provincia de Pontevedra (CAAN)
- Relativa ao financiamento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal
- Do servizo de recollida de vehículos fóra de uso
- Do programa de compostaxe provincial Revitaliza
Así mesmo, a Deputación de Pontevedra garante o desempeño das funcións públicas reservadas aos funcionarios con habilitación de carácter nacional nos concellos exentos destes postos, ou naqueles nos que circunstancialmente tales funcións non se poidan atender.
Ademais, préstalles aos concellos o soporte necesario para a tramitación de procedementos administrativos e a realización de actividades materiais e de xestión.
información
- Edificio Administrativo
- Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071
- +34 986 804 100
- saim@depo.es