null Servizo de retirada de vehículos abandonados

Servizo de retirada de vehículos abandonados

Convenios cos concellos de Pontevedra cunha poboación inferior a 50.000 habitantes

A recollida de vehículos abandonados e a súa posterior xestión é unha competencia propia dos concellos de acordo co disposto, entre outros, no artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no artigo 80 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no artigo 12 da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular; no artigo 9 da Lei 6/2021, de 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia; ou no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.


Inauguración da Era das fábulas

O Real decreto 265/2021, de 13 de abril, sobre os vehículos ao final da súa vida útil e polo que se modifica o Regulamento xeral de vehículos, establece no anexo VIII que a porcentaxe total de preparación para a reutilización e reciclaxe será, polo menos, do 85 % do peso medio por automóbil e ano

No seguinte cadro ofrécese información ao respecto:

Ano 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Núm. de vehículos fóra de uso recollidos 31 10 15 99 71 38
Kg de residuos* 46.500,00 15.000,00 22.500,00 148.500,00 106.500,00 57.000,00
Kg valorizados 39.525,00 12.750,00 19.125,00 126.225,00 90.525,00 48.450,00
  *peso medio por vehículo: 1,500 kg      

Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra ten entre os seus fins garantir a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal en todo o territorio da provincia, así como darlles soporte aos concellos na tramitación de procedementos administrativos e na realización de actividades materiais e de xestión, asumíndoas cando aqueles llas encomenden.

En relación co anterior, a Deputación de Pontevedra, consciente da problemática existente neste eido, prestou nestes últimos anos o servizo de retirada de vehículos abandonados nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación inferior a 50.000 habitantes a través dunha empresa externa, previa adhesión dos concellos a este servizo mediante a subscrición do oportuno convenio de colaboración.